Cyril Genik
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1857 Nyzhnii Bereziv, Ucraína (en) |
Morte | 12 de febreiro de 1925 (67/68 anos) Winnipeg, Canadá |
Actividade | |
Ocupación | político, asistente social, tradutor |
Cyril Ivanovich Genik (en ucraíno: Кирило Іванович Геник), nado en 1857 e finado o 12 de febreiro de 1925, foi un axente de inmigración ucraíno-canadense. É considerado unha persoa de importancia histórica nacional segundo o goberno do Canadá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cyril Ivanovich Genik naceu en 1857 en Bereziv Nyzhnii, Galicia, fillo de Ivan Genyk, alcalde da vila, e Ann Pertsovych. Genik comezou os seus estudos en Kolomyia, antes de mudarse ao que é agora Ivano-Frankivsk para completar a súa formación docente. Completou o bacharelato en Lviv antes de ser nomeado mestre en 1879 no condado de Nadvirna. En 1882, Genik volveu á súa aldea natal e estabeleceu alí unha escola. Durante a década de 1880, Genik estabeleceu un negocio de moenda así como unha cooperativa de produtores á que chamou Carpathian Store. En 1890, foi elixido para o concello da cidade onde estudou, Kolomyja.[1]
Nalgún momento, Genik coñeceu a Joseph Oleskiw, un home que estivera fomentando a inmigración dos ucraínos ao Canadá. Oleskiw preguntou a Genik se podía acompañar e dirixir o seu segundo continxente de ucraínos na súa viaxe ao Canadá e axudalos a estabelecerse. Genik, a familia da súa esposa e catro fillos uníronse a un grupo de 64 ucraínos para desembarcar en Quebec o 22 de xuño de 1896. Genik dirixiu o seu continxente primeiro a Winnipeg e despois ao que foi fundado como Stuartburn, Manitoba, que agora se considera a primeira comunidade de ucraínos canadenses no oeste do Canadá. En agosto, Genik solicitou unha facenda en Stuartburn, mais rapidamente cambiou de opinión e trasladouse a Winnipeg. Ese mesmo mes, Oleskiw recomendou a Genik ao Departamento do Interior canadense como axente de inmigración. En setembro, Genik converteuse nun traballador do Departamento segundo as necesidades de interpretación e tradución do goberno. Néstor Dmytriw traballou con el brevemente en 1897–98 no Salón de Inmigración de Winnipeg. No seu traballo como axente de inmigración, Genik coñeceu novos inmigrantes canadenses ucraínos na cidade de Quebec, fomentou o uso do inglés e o abandono dos costumes tradicionais e serviu de conselleiro sempre que fose necesario.[1] A súa carga de traballo aumentou drasticamente co forte aumento da inmigración ucraína ao Canadá – tanto, de feito, que en 1898 Genik converteuse nun empregado asalariado a tempo completo do Goberno canadense. Ao facelo, converteuse no primeiro funcionario público do goberno canadense ucraíno a tempo completo.[2]
En 1899, Genik estableceu o Salón de Lectura Taras Shevchenko[3] na súa casa, e creou o primeiro xornal en lingua ucraína do Canadá, Kanadyiskyi farmer en 1903. A pesar de non ser relixioso, Genik cría que debería existir unha denominación cristiá independente das normas grega ortodoxa e rusa ortodoxa, e fundou a "Igrexa grega independente"[4] en cooperación cos ministros da Igrexa Presbiteriana de Winnipeg en 1903–1904. En 1911, despois das eleccións xerais dese ano no que Genik apoiou ao Partido Liberal, Genik perdeu o seu traballo e rematou a súa vida na esfera pública. Viviu un tempo nos Estados Unidos pero volveu a Winnipeg na súa vida posterior, onde morreu o 12 de febreiro de 1925.[1]
No momento da súa morte, Genik fíxose tan coñecido na comunidade ucraína do Canadá que chegou a ser coñecido como o "Tsar do Canadá".[2][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Hryniuk, Stella. "Cyril Genik". Dictionary of Canadian Biography. Consultado o 25 de xaneiro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 "Forging Our Legacy: Canadian Citizenship and Immigration, 1900–1977". Citizenship and Immigration Canada. 2000. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2010. Consultado o 25 de xaneiro de 2011.
- ↑ Martynowych, Orest T., The Taras Shevchenko Reading Club/Educational Society For ... umanitoba.ca/faculties/.../04_The_Taras_Shevchenko_Reading_Club.pdf
- ↑ Martynowych, Orest T., The Seraphimite, Independent Greek, Presbyterian and United Churches
- ↑ Family of C. C. T. (Con) Genik (2010). "Obituary for C. C. T. (Con) Genik". Passages MB. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 25 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dictionary of Ukrainian Canadian biography, pioneer settlers of Manitoba, 1891–1900, V. J. Kaye, editor and compiler (Toronto, 1975).
- Oleksander Dombrovsky, Outline of the history of the Ukrainian Evangelical-Reformed movement (New York et Toronto, 1979) (en ucraíno)
- A heritage in transition : essays in the history of Ukrainians in Canada, M. R. Lupul, editor (Toronto, 1982).
- J.-P. Himka, Galician villagers and the Ukrainian national movement in the nineteenth century (New York, 1988).
- V. J. Kaye, Early Ukrainian settlements in Canada, 1895–1900 Dr. Josef Oleskow's role in the settlement of the Canadian northwest (Toronto, 1964).
- Orest T. Martynowych, The Seraphimite, Independent Greek, Presbyterian and United Churches Arquivado 10 de xullo de 2019 en Wayback Machine.
- Orest T. Martynowych, The Taras Shevchenko Reading Club/Educational Society Arquivado 25 de maio de 2022 en Wayback Machine.
- Orest T. Martynowych, Ukrainians in Canada : the formative period, 1891–1924 (Edmonton, 1991).
- M. H. Marunchak, Studies in the history of Ukrainians in Canada (5 vol. published, Winnipeg, 1964– ) (en ucraíno)
- O. I. Sych, From the « new land » letters of Ukrainian emigrants from Canada (Edmonton, 1991) (en ucraíno)